Medidas en TODA GALICIA do 17/02/2021 ata 3/03/2021

Galicia perimetrada

Non se pode entrar/saír de cada un dos concellos agás:

  • Motivos sanitarios e coidado de persoas (menores, dependentes…)
  • Obrigas laborais, institucionais e legais
  • Asistencia educativa, realización de exames ou probas
  • Retorno ao fogar
  • Entidades financeiras, seguros ou estacións de servizo limítrofes
  • Requirimentos de organismos públicos, xudiciais ou notariais
  • Trámites inaprazables
  • Coidado de hortas e animais
  • Adquisición de bens esenciais no existentes no concello
  • Tránsito ou forza maior
    Confinamento entre as 22:00-6:00 (agás motivos laborais, coidado dependentes… etc)
    Grupos SÓ CONVIVENTES agás:
    -persoas soas poden incorporarse a outra unidade de convivencia
    -menores cos seus proxenitores
    -parellas con domicilios diferentes
    -asistencia persoas dependentes
    -actividades laborais, institucionais, administrativas, educativas…

SUSPENDIDO
-Actividade e establecementos de espectáculos
(touros, circos, deportivos, feiras, pirotecnias, feiras..)
-Actividades e establecementos de recreo (xogo: casinos, bingos, apostas; culturais e sociais: salas de conferencias e polivalentes, salas de concertos; deportivas: estadios, pavillóns, recintos deportivos e feirais, pistas patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas (si piscinas deportivas ao aire libre para práctica individual e adestramentos en pechadas con vestiarios e zonas de ducha ao 30% de capacidade); de
lecer: parques atraccións, acuáticos, salóns recreativos, parques multilecer, salóns festas, discotecas, pubs, furanchos, lecer infantil; restauración: restaurantes, salóns, cafetarías, bares só para entrega a domicilio ata ás 24 horas…)
-Albergues
-Centros zoolóxicos, botánicos, interpretación, aulas da natureza, casetas, rede galega de espazos protexidos
-Centros sociais, sociocomunitarios, clubes xubilados, etc  ABERTOS centros de día e maiores, ocupacionais e casa do maior

RESTRICIÓNS:
-Ensino universitario presencial  1/03/2021
-22/02/2021 ensino presencial  Escolas oficiais idiomas, arte superior e deseño, conservación e restauración, arte dramático, conservatorios/escolas de música* e danza (públicas/privadas), centros deporte, artes plásticas, deseño (*) continúan suspendido uso de instrumentos de ventou e/ou exercicio de canto
-Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, monumentos e equipamentos culturais públicos/privados  30% de capacidade, grupos máximo 4 persoas
-Cines, teatros, auditorios, congresos, outros eventos e espazos de actividades recreativas 30% da capacidade, público sentado (ou autorización), distancia mínima 1,5 metros, máximo 250 persoas espazos
pechados/500 aire libre, ventilación 30 minutos ao comezo e final de xornada e tras cada actividade, rexistro de asistentes durante un mes
-Actividade deportiva: ao aire libre individual ou conviventes (máscara obrigatoria), adestramentos e competicións federadas de ámbito autonómico baixo protocolos da Xunta

  • Establecementos comerciais e de servizos: aforo 50%, peche ás 21:30 horas ** Centros comerciais aforo 30%, peche ás 21:30h + peche todo día en sábados, domingos e festivos ** (**agás venta de alimentación bebida, tabaco, combustible, medicinas, argos ortopédicos, alimentación animal)
    -Mercadillos 50%, os concellos establecerán o distanciamento entre postos
    -Academias, autoescolas e centros privados ensino aforo 50%, priorizar ensino telemático
    -Hoteis e aloxamentos (só para clientes desprazados por motivos xustificados), zonas comúns 50%, piscinas e ximnasios pechados
    -Velorios 5 persoas (agás conviventes) 15 no exterior, comitiva 15 persoas
    -Lugares de culto 1/3 de capacidade garantindo a distancia de seguridade
    -Casamentos e demais celebracións só conviventes
    -Caza/pesca individual ou conviventes (caza do xabaril e lobo non suxeita a limitacións de mobilidade ou agrupacións)
    -Parques infantís, biosaudables, zonas deportivas, pistas skate, espazos aire libre… 1 persoa/4 metros cadrados
    -Reunións laborais, institucionais, académicos 30% capacidade, máximo de 30 persoas lugares pechados / 75 ao aire libre
    -Servizos sanitarios un acompañante por usuario para menores, dependentes ou xestantes
    -Transportes públicos totalidade dos asentos, 1/6 parte das prazas de pé, prohibido come/beber (traxectos menores 2 horas) e na medida do posible non conversar. Asentos en medios públicos deberán estar numerados, recoméndase anotar no billete o número de asento e gardalo 14 días.

Categorías:

Etiquetas:

No hay comentarios todavía

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *