Santiago
Lago Rey

Nado en 1995 en A Coruña, Santiago Lago Rey leva vencellado ao mundo da música dende moi temprana idade comezando os seus estudos musicais á idade de 5 anos na Escola Municipal de Música de A Coruña na especialidade de violín. Aos 7 anos amplía os seus coñecementos instrumentais na rama da percusión e aos 8 anos comeza os seus estudos de trompeta no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo no que acada o título profesional.

Completa os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña acadando en 2017 o título superior de interpretación na especialidade de trompeta e, no 2021, o título superior de dirección orquestal e coral dirixindo en varias ocasións a Orquesta Sinfónica, Banda Sinfónica e Coro do Conservatorio Superior de Música de A Coruña así como un programa especial ca Banda Municipal de Música de A Coruña.

Colaborou con numerosas formacións musicais tanto no eido das Bandas Sinfónicas como a Banda Sementeira de Cambre, Banda de Abegondo, Banda de Betanzos, Banda de Ponteceso entre outras, como con agrupacións culturais como Xacarandaina.

Participación activa con agrupacións corais tales como o Coro Gaos realizando actuacións en diversos certames de nivel nacional e internacional como son o Festival de Habaneras de Torrevieja, Certamen Internacional de Coros en Villanueva de la Serena ou o de Tolosa así como a representación de varias óperas xunto ca Orquesta Sinfónica de Galicia dentro da Tempada Lírica de A Coruña.

Colabora co Coro de Oleiros, Coral Lembranza de Sada, Coral Fonte do Souto de Culleredo e a multitudinaria coral da Romería Coral Galega de FECOGA como director invitado.

Na actualidade , desempeña a súa labor como Director Artístico na Coral Polifónica de Mera, Coral Airiños de Nós e Coral Santa María de Cambre.